Atopa roupa, complementos e accesorios que esperan unha segunda oportunidad; ademais se queres un bordado personalizado para bordar a túa historia, visita: Bordamos a túa historia
En Raposa Studio interveño roupa, complementos e accesorios con bordado artesanal e customización a man, para crear pezas únicas, con alma e sen présas. Rodéome de retales, camisas esquecidas e cazadoras antigas que esperan unha segunda oportunidade.
Son Laura Naveira e desde o meu pequeno taller na Coruña, que está cheo de memoria, visto amodo, creo amodo e vivo amodo. Transformo as túas ideas en pezas téxtiles únicas, recuperando pezas esquecidas, retales e tecidos antigos para transformalos en pezas exclusivas a través da customización a man e o bordado artesanal.