Bordamos a túa historia

Cada historia merece ser bordada.

En Raposa Studio bordamos a túa historia transformando a túa idea en pezas téxtiles únicas, bordados personalizados para acompañar os teus días máis importantes, un evento especial, a túa voda ou ese agasallo inesquecible que queres dar.

Aquí non só se borda tea, bórdanse recordos, momentos e emocións.

Se tes un día especial á vista, unha voda, un aniversario, un evento único ou ese agasallo que queres que diga “isto é só para ti”; cóntamo e transformámolo en puntadas cheas de significado. Dime que queres transmitir, que símbolos ou cores son importantes para ti e para a ocasión. Xuntas deseñaremos unha peza téxtil que faga o teu momento aínda máis especial. Porque cada historia merece ser contada… e a túa pode quedar bordada para sempre.

Imagen hilos vintage - Raposa Studio
Raposa Studio

Cómo funciona?

Súper fácil:
Enche o formulario, cóntasme a túa idea, as túas cores favoritas, eses detalles que non poden faltar… e listo!.
Eu encárgome de convertelo nun bordado personalizado, desde un welcome board ata esa peza única que fará o teu momento inesquecible.

Porque as historias importantes non se esquecen… bórdanse!

Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Laura Naveira, como responsable do tratamento, tratará os seus datos para atender as súas solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas realizadas a través dos medios facilitados na web. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.

Imagen máquina de coser vintage - Raposa Studio