
Sobre min
Son Laura Naveira Amado e isto non é só costura, é unha maneira de estar no mundo.
Creo no imperfecto e nas pezas que contan historias. En dar segunda vida ao que parecía esquecido. Bordar é a miña maneira de resistir ao ruído.
Puntada a puntada, o tempo estírase e vólvese humano, desde o meu taller, que é pequeno, pero está cheo de memoria, visto amodo, creo amodo e vivo amodo.
Raposa Studio é un refuxio para o auténtico.

Laura Naveira
ARTISTA TEXTIL
Creadora de Raposa Studio, un proxecto téxtil nacido no corazón do rural. Aquí recupero pezas esquecidas, retales e tecidos antigos para transformalos en pezas únicas a través da customización a man e o bordado artesanal.
A miña filosofía é darlle unha segunda vida ao que xa existe. Cada puntada é un acto de resistencia fronte ao consumo desmedido, unha celebración do imperfecto e o auténtico.
Raposa Studio non é só un taller de costura, é un espazo de memoria e creatividade consciente, onde a moda recupera a súa dimensión humana. Desde o meu pequeno estudo na aldea, traballo con calma, coa certeza de que vestir pode ser un acto de coidado, de ética e de beleza.
Decidín volver á aldea para vivir e crear con máis calma. Aquí, no meu pequeno taller, rodéome de retales, camisas esquecidas e cazadoras antigas que esperan unha segunda oportunidade. A miña maneira de darlles vida é coas mans: fío, agulla e tempo.
Para min, bordar e coser non é só un oficio, é un modo de estar no mundo. Cada puntada é unha forma de resistir ao ritmo acelerado da moda.

memoria & creatividade
Raposa Studio é iso: un espazo onde a memoria e a creatividade entrelázanse. Unha aposta pola circularidade, a beleza do feito a lume lento e a certeza de que o que vestimos tamén pode contar historias.
